Samos

Samos_2015_12_08_xeral2 Samos_2015_12_08_detalle2 Samos_2015_12_08_contorna4

Santa Xertrude de Samos, Samos, Lugo

Palco situado entre a rúa da Torre e a estrada LU-633 en fronte do Concello de Samos.

Ten o frontal semicircular, sendo irregular o resto por estar integrado coa beirrarúa que sube en rampa ata o palco e continua por unha pasaxe cuberta a través dunha porta con dintel branco. Esta pasaxe leva ata dúas casas e unha horta.

Ten varanda enfuscada que se alonga pola rampa cara á beirarrúa.

Ten unha inscrición na que se le: “Palco municipal. 1953”

Atópase no Camiño Francés de Santiago. No mesmo lugar hai unha fonte pública e a torre do reloxo procurando unha unidade na estética

Reboreda

Reboreda_2015_10_04_xeral2
Reboreda_2015_10_04_detalle4
Reboreda_2015_10_04_detalle2

Reboreda, Páramo, Lugo

Palco de grandes dimensión circular de pedra situado no Campo da Feira do Páramo, en Vilamosteiro.

Ten unha estrutura de forxa a modo de teito de forma octogonal. Ten unha columna en cada esquina, agás no frontal do palco, onde hai unha gran escaleira de pedra. Ten unha porta na parte traseira dende onde se accede á base do palco.

Non ten placas nin inscricións.

Parece que foi construído no ano 2002. Tamén parece que antes había outro palco.