Goián, Tomiño.

Goián_2016_03_27_xeral 3
Goián_2016_03_27_contorna 1

Goián (San Cristovo), Tomiño, Pontevedra.

Palco octogonal situado na parroquia de San Cristovo de Goián en Tomiño.

Situado na contorna da capela de San Moure e San Roque ao carón do vial que baixa cara o embarcadeiro e o forte de San Lourenzo, baixo unhas sobreiras de gran porte.

Ten base de pedra e cuberta con estrutura de formigón apoiada sobre piares do mesmo material. A “varanda” consiste nuns tubos dispostos á altura do pasamáns. Ten escaleira de pedra.

Descoñécese se se usa.

A Guarda

A Guarda_2015_12_07_xeral 2 A Guarda_2015_12_07_detalle 2 A Guarda_2015_12_07_xeral 3

A Guarda, A Guarda, Pontevedra.

Palco rectangular, situado na parroquia de Santa María de A Guarda no concello do mesmo nome.

Forma parte do conxunto arquitectónico do monte de Santa Tegra.

O palco ten basamento macizo de pedra, pola diferenza de cotas do terreo pode accederse a el polo seu lateral posterior. As varandas tamén son de pedra, formalizándose como un banco corrido nos seus laterais e fondo. Ten atril tamén de pedra na que hai gravado “CC”. O chan é de terra.

Descoñécese se se usa.