Arante

palco-da-ponte-2016-11-17-xeral

palco-da-ponte-2016-11-17-contorna

palco-da-ponte-2016-11-17detalle

Arante, Ribadeo, Lugo

Palco de planta hexagonal sen cuberta, adosado ao testeiro da ábside da igrexa de Nosa Señora das Virtudes da Ponte. Podio de pedra macizo e varanda con perfil de aceiro. Acceso lateral mediante rampa.

Está situado no lugar da Ponte, adosado á parte posterior da capela, xunto á ponte que lle dá o nome á aldea e que cruza o rego Lexoso.

Luaña

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-xeral

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-contorna

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-detalle

Luaña, Brión, A Coruña

Podio de pedra semicircular adosado ao peche do campo da festa, con pavimento de pedra e cun plátano plantado no centro -podada a súa copa en forma redondeada-. Accesos laterais mediante dous tramos circulares de escaleiras. Varandas metálicas de malla e tubos de aceiro.

Sen uso (Segundo os veciños as bandas traen hoxe os seus propios palcos, e non se usa)

Está situado no eixo central do campo da festa parroquial, de costas á escola infantil e mirando de frente á fachada da igrexa de san Xulián de Luaña.

Oural

DEVESA_2016_07_30_XERAL02

DEVESA_2016_07_30_CONTORNA

DEVESA_2016_07_30_DETALLE

Oural, Boqueixón, A Coruña

Construción de ladrillo enfuscado de planta octogonal composta por un zócalo con esquinas resaltadas e que prolongadas sobre a plataforma conforma unha varanda semimaciza. Dende un dos seus lados arranca a escaleira de acceso de catro chanzos; inscrición co ano de construción, 1959, nunha placa decorativa do petril.

Descoñécese se segue en uso.

Está situado nunha esquina do campo da festa da parroquia de Oural.

Sergude

EIREXE_2016_07_30_XERAL

EIREXE_2016_07_30_CONTORNA

EIREXE_2016_07_30_DETALLE

Sergude, Boqueixón, A Coruña

Construción de formigón armado sen pintar, de planta octogonal, composta por un zócalo (utilizado como trasteiro) e oito piares circulares que sosteñen unha cuberta piramidal con pináculo liso de remate. Acceso directo dende o chan aproveitando o desnivel do terreo.

Descoñécese se segue en uso.

Está situado nunha esquina do campo da festa da parroquia de Sergude, e atópase no extremo oposto, fronte a un novo esceario construido na segunda metade do século XX.

Merlán

MERLAN_2016_07_04_XERAL

MERLAN_2016_07_04_CONTORNA

MERLAN_2016_07_04_DETALLE

Merlán, Chantada, Lugo

Construción de planta octogonal composta por un zócalo de pedra con entrepanos rectangulares e cornisa de remate; dende un dos seus lados arranca a escaleira frontal de acceso cun único tramo; plataforma superior protexida con varanda metálica.

Descoñécese se segue en uso.

Está situado ao carón da capela de San Cibrao e da vella escola, no campo da festa rodeado de castiñeiros centenarios.

Os Ánxeles

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 XERAL

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 CONTORNO

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 DETALLE

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 DETALLE2

Os Ánxeles, Brión, A Coruña

Palco de música de planta pentagonal irregular; fronte con dous piares, varanda e gardamalletas de fundición, todo pintado de cor azul; cuarto traseiro de pedra a xeito de camerino con acceso directo dende o escenario; e cuberta a cinco augas con tella curva. Todo elevado sobre un murete de pedra e con accesos laterais por medio de dúas escalinatas de pedra.

Palco aberto únicamente na súa fronte ao campo da festa dos Ánxeles, adosado ao muro de cerre da alameda e lindando tamén co adro da igrexa parroquial. Actualmente mantense en uso.