Palco de Garellas.

Garellas, Millarada (San Amedio), Forcarei, Pontevedra.

Palco de planta octogonal situado nunha carballeira na que tamén se atopan a capela de Santo Antonio do século XVII, e un cruceiro.

Trátase dunha base de pedra, hoxe enfuscada e con dobre altura, ao que se accede mediante dous chanzos. A este basamento engádeselle un peche en cinco dos seus lados, e dótase cunha cuberta lixeira a un auga sobre unha estrutura metálica. Na fronte hai unha pequena pía, na parte posterior aparece, acaroada, unha fonte de época recente.

Descoñecemos se se usa.